Quimica 3º ESO T atómica
  • 1. Quen formulou a seguinte teoría acerca da constitución da materia

    * A materia está formada por diminutas partículas separadas e indivisibles chamadas "átomos".

    * Os "átomos" dun mesmo elemento son todos iguais e distintos aos átomos doutros elementos
A) DALTON
B) LEUCIPO
C) ARQUÍMEDES
D) DEMÓCRITO
  • 2. Cal das seguintes non é unha partícula subatómica
A) NEUTRÓN
B) ELECTRÓN
C) FOTÓN
D) PROTóN
  • 3. Ao nº de protóns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Protónico
B) Nº Másico (A)
C) Nº Atómico (Z)
  • 4. Cales dos seguintes pares de partículas se atopan na mesma proporción (o seu número é igual) dentro dun átomo neutro
A) Protóns e neutróns
B) Electróns e protóns
C) Electróns e neutróns
D) Ningunha delas
  • 5. Estas partículas non se atopan no núcleo do átomo
A) Neutróns
B) Protóns
C) Electróns
  • 6. A suma de protóns e neutróns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Nuclear
B) Nº Atómico (Z)
C) Nº Protónico
D) Nº Másico (A)
  • 7. Os Isótopos son átomos dun mesmo elemento (mesmo Z) pero con diferente nº Másico (A) debido a que posúen un nº distinto de ..
A) Átomos
B) Neutróns
C) Electróns
D) Protóns
  • 8. Os elementos e os compostos son:
A) Substancias puras
B) Mesturas homoxéneas
C) Mesturas heteroxéneas
  • 9. Substancia simple que non pode descompoñerse noutras máis sinxelas por métodos químicos
A) COMPOSTO
B) ELEMENTO
C) ISÓBARO
D) ISÓTOPO
  • 10. Un composto está formado por?
A) Átoms distintos
B) Átomos iguais
Altres proves d'interés :

Prova creada amb That Quiz — on la pràctica de les matemàtiques és fàcil.