- 1. É un cambio físico ou químico, no medio externo ou interno dun organismo, capaz de provocar unha resposta
A) Comportamento B) Xesto C) Estímulo
- 2. Os órganos que utiliza un ser vivo para producir unha resposta chámanse
A) Efectores B) Locomotores C) Sensoriais
- 3. Os tipos de resposta fronte a un estímulo son:
A) Movemento e produción de substancias B) Produción de substancias e visión C) Movemento e resposta
- 4. Os músculos e as glándulas son órganos:
A) Sensoriais B) Locomotores C) Efectores
- 5. Nos vertebrados o sistema locomotor está formado por:
A) Os ósos e as articulaciones B) Os músculos e os ósos C) Os músculos e os tendóns
- 6. Os ósos únense entre si a través de:
A) Tendóns B) Músculos C) Articulacións
- 7. Os músculos están unidos aos ósos a través de:
A) Ósos B) Tendóns C) Articulacións
- 8. Constitúen a parte activa do aparello locomotor. Caracterízanse pola súa capacidade de estirarse e acurtarse. Están unidos aos ósos a través dos tendóns e provocan o seu movemento
- 9. Constitúen o esqueleto dos vertebrados. Por si mesmos carecen de movemento e son a parte pasiva do aparello locomotor. Únense entre si polas articulacións
- 10. Os receptores químicos son sensibles a substancias químicas, e poden actuar:
A) Por contacto, a distancia B) Por contacto visual, a distancias curtas
- 11. Hai receptores de estímulos:
A) Luminosos, químicos, físicos B) Químicos, térmicos, mecánicos, luminosos C) Físicos, químicos, térmicos
- 12. Os receptores mecánicos son sensibles:
A) Ao tacto e a presión B) Ás vibracións transmitidas polo aire ou pola auga C) Ao tacto, á presión e ás vibracións transmitidas polo aire ou pola auga
- 13. Os receptores luminosos denomínanse ............................ xa que son sensibles á luz.
- 14. A comunicación entre os receptores e os órganos efectores realízaa o sistema nervioso, constituido por centros nerviosos e nervios
A) Verdadeiro B) Falso
- 15. Son órganos que reciben as mensaxes dos distintos receptores e elaboran as respostas motoras que envían aos efectores
A) Neuronas B) Centros nerviosos C) Nervios
- 16. Son longos cordóns que poñen en comunicación os centros nerviosos cos diferentes órganos
- 17. As ....................... fabrícanse en glándulas que verten as súas secrecións ao sangue
- 18. A resposta máis frecuente das plantas consiste en crecer lentamente nunha determinada dirección, definida polo estímulo. Estas respostas chámanse:
- 19. A resposta das plantas á luz chámase
- 20. A resposta das plantas á gravidade chámase
- 21. A resposta das plantas ao auga chámase
- 22. As funcións do sistema nervioso son: recibir a información, procesala e elaborar unha resposta
A) Falso B) Verdadeiro
- 23. As glándulas son órganos efectores encargados de executar unha resposta ante un estímulo.
A) Verdadeiro B) Falso
- 24. A que son sensibles os receptores térmicos?
A) Ás variacións de temperatura B) Ao tacto e á presión C) Aos cambios de luz D) Ás substancias químicas
- 25. Que nervios conducen mensaxes desde os receptores aos centros nerviosos?
A) Os nervios formados polas fibras motoras B) Os nervios formados polas fibras sensitivas
- 26. Que tipo de resposta se denomina tropismo?
A) É un tipo de resposta que consiste no crecemento das plantas nunha determinada dirección B) É un tipo de resposta animal ante a presenza de alimentos que poidan ser utilizados
- 27. As neuronas clasifícanse segundo a dirección na que transmiten o impulso nervioso:
A) Neuronas sensitivas B) Neuronas motoras e de asociación C) Neuronas motoras, sensitivas e de asociación
- 28. As neuronas sensitivas conducen o impulso desde os receptores ata os centros nerviosos
A) Falso B) Verdadeiro
- 29. As neuronas motoras transmiten o impulso desde os centros nerviosos ata os efectores
A) Verdadeiro B) Falso
- 30. As partes dunha neurona son:
A) Núcleo, dendritas e axón B) Dendritas e axón C) Soma, dendritas e axón
- 31. O axón está recuberto por unha substancia protectora chamada
A) Mielina B) Neurotransmisores C) Adrenalina
- 32. As dendritas son ramificacións curtas e numerosas que rodean o corpo neuronal
A) Verdadeiro B) Falso
- 33. Axón é unha longa prolongación que parte do corpo neuronal e termina nuns botóns que liberan unhas substancias chamadas neurotransmisores
A) Verdadeiro B) Falso
- 34. Son substancias químicas que se producen nas glándulas endocrinas, e son vertidas ao sangue, que as distribúe por todo o organismo
A) Hormonas B) Neurotransmisores C) Mielina
- 35. Nunha neurona o impulso nervioso viaxa
A) soma-dendrita-axón B) axón dendrita-soma C) dendrita-soma-axón
- 36. A comunicación entre neuronas chámase
|