ThatQuiz Directorio Inténtalo
03.01. A REPRODUCIÓN CELULAR
Contribuido por: Vila
  • 1. Unha das funcións que caracteriza a un ser vivo é a súa capacidade para orixinar copias idénticas ou similares de si mesmo, esta función coñécese co nome de:
A) relación
B) reprodución
C) nutrición
  • 2. Os seres unicelulares reprodúcense asexualmente por:
A) Por esporas
B) Multiplicación vexetativa
C) Bipartición, xemación ou esporulación
  • 3. O núcleo divídese en dous núcleos idénticos, despois, a célula divídese en dúas células de aproximadamente o mesmo tamaño, que crecen ata transformarse en células adultas.
A) Bipartición
B) Esporulación
C) Xemación
  • 4. Fórmanse dous núcleos, un deles desprázase cara á membrana e forma unha especie de xema que se rodea de citoplasma, formándose dúas células de diferentes tamaños.
A) Xemación
B) Bipartición
C) Esporulación
  • 5. Algúns animais poden reproducirse asexualmente e fano de dous xeitos:
A) Bipartición ou xemación
B) Por esporas ou multiplicación vexetativa
C) Fragmentación ou xemación
  • 6. O animal divídese en dous ou máis fragmentos, cada un dos cales rexenera un organismo completo
A) Xemación
B) Fragmentación
  • 7. Nas esponxas fórmase unha protuberancia ou xema na superficie do corpo por multiplicación dalgunhas células, posteriormente a xema despréndese e orixina un novo individuo.
A) Fragmentación
B) Xemación
  • 8. A reprodución asexual nas plantas prodúcese por:
A) Xemación
B) Bipartición
C) Multiplicación vexetativa, por esporas
  • 9. Son talos subterráneos cargados de sustancias de reserva.
A) Tubérculos
B) Estolóns
C) Bulbos
  • 10. Son talos curtos, xeralmente subterráneos provistos de follas con reservas que se consomen durante o inverno.
A) Bulbos
B) Tubérculos
C) Estolóns
  • 11. Son talos que crecen horizontalmente sobre o chan.
A) Bulbos
B) Tubérculos
C) Estolóns
  • 12. Cales son as gónadas femininas?
A) Os óvulos
B) Os espermatozoides
C) Os testículos
D) Os ovarios
  • 13. Cando se di que a polinización é anemógama?
A) Cando a polinización realízaa o vento
B) Cando a polinización realízana os insectos
C) Cando a polinización realízaa a auga
  • 14. Cada individuo é dun único sexo (femia ou macho), xa que leva un só tipo de gónada
A) Unisexuales
B) Hermafroditas
  • 15. A polinización pode ser de dous tipos:
A) Interna e externa
B) Anemógama e entomógama
  • 16. A parte feminina da flor chámase:
A) Pistilo
B) Cáliz
C) Corola
D) Estame
  • 17. A parte masculina da flor chámase:
A) Cáliz
B) Pistilo
C) Estame
D) Corola
  • 18. Os gametos femininos son os
A) óvulos
B) espermatozoides
  • 19. Os gametos masculinos son os
A) óvulos
B) espermatozoides
Otros exámenes de interés :

Examen creado con That Quiz — donde se practican las matemáticas.