ThatQuiz Directorio Inténtalo
COMPETENCIA NO COÑECEMENTO GALICIA 2012 ESO
Contribuido por: Mayobre Antón
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 
           GALICIA - 2012
COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA
     INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
A propiedade destes exercicios é da
Xunta de Galicia non do autor.
Do 17 de xullo ao 10 de outubro.- Ocorren numerosos movementos sísmicos
na zona onde está situada a illa.

Día 10 de outubro de 2011.- Os servizos de observación sísmica rexistran unha
erupción volcánica submarina preto da illa de El Hierro a 900 metros de
profundidade.

Día 11 de outubro de 2011.- Obsérvanse dúas manchas verdosas debidas ás
emanacións sulfúreas. Isto fixo sospeitar que a erupción tiña dous focos.

Día 15 de outubro.- A erupción está a só 150 metros de profundidade, o que
aumenta o risco de explosividade. Científicos españois detectaron na superficie
do mar preto da illa numerosos fragmentos de lava fumeante en suspensión
rodeados de burbullas gasosas.
DIARIO DUNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA
  SUBMARINA NA ILLA DE EL HIERRO
Día 19 de outubro.- A erupción volcánica
perde forza.

Día 31 de outubro.- O volcán retoma a súa
actividade e atópanse piroclastos ardendo
na superficie do mar preto da illa.

Dende o 31 de outubro a actividade sísmica
continúa na illa aínda que co paso do tempo
vai amainando.
Día 5 de marzo de 2012.- O Comité Científico do Plan de Protección
Civil por Risco Volcánico (PEVOLCA) confirmou por unanimidade de
todos os seus membros que a erupción volcánica que se iniciou en
outubro xa concluiu, porén, mantense o proceso volcánico iniciado o
17 de xullo, xa que se seguen rexistrando anomalías nos parámetros.
P.1. Coloca no debuxo as partes dun volcán.
P.2. Completa o texto seguinte coas palabras do cadro:
          “O …………… está constituído por rochas
fundidas que se atopan a elevada temperatura. Cando
chegan á superficie terrestre forman ……………
Nas erupcións, o volcán emite …………… , ……………
e produtos sólidos, chamados ……………....... Estes
fragmentos clasifícanse, atendendo ao seu tamaño,
en bombas, …………… e ……………”
cinzas - gases - magma - lavas - volcáns - piroclastos - lapilli
magma
?
lapilli
?
cinzas
?
gases
?
piroplastos
?
volcáns
?
lavas
P.3. Cal das seguintes afirmacións relativa á lava é
correcta?
A. É lume moi denso, capaz de derreter as rochas.
B. É ferro incandescente, mesturado con outros
        elementos.
C. Son rochas en estado líquido, que solidifican
        ao arrefriar.
D. É auga moi quente, que se transforma en rocha
        ao saír do volcán.
P.4. As erupcións volcánicas soen ir acompañadas de
ruído. Poderiamos escoitalo se non existise a
atmosfera? Razoa a túa resposta.
P.5. No interior da Terra, a medida que aumenta a
profundidade tamén aumenta a temperatura,
aproximadamente 1ºC cada 33 metros. Canto
ascenderá a temperatura a 2 quilómetros de
profundidade? Dá o resultado redondeado a
un número enteiro.
ºC
P.6. Aproximadamente o 50% das radiacións solares
que recibe o planeta alcanzan a superficie terrestre,
e quentan océanos e continentes. Este fenómeno:
D. Non quenta o aire. O vento prodúcese polos
        movementos da atmosfera.
B. Quenta o aire en contacto con eles, que se
        eleva. O aire frío ocupa entón o oco e orixínase
        o vento.
C. O aire das capas superiores quéntase
        directamente co sol, entón empeza a moverse
        co aire frío e orixínase o vento.
A. Quenta o aire, que perde así a súa humidade.
P.7. O Sol quenta o solo da Terra e parte desa calor
volve ao espazo. É precisamente nese retorno onde
se produce o efecto invernadoiro. Este fenómeno
consiste en:
B. Determinados gases aceleran o paso ao espazo
        da calor que emite o solo da Terra.
C. Determinados gases, pola acción humana,
        reteñen a calor que emite o solo da Terra.
D. Determinados gases arrefrían a calor que
        emite o solo da Terra e prodúcense invernos
        máis fríos e longos.
A. Determinados gases absorben a calor que
        emite o chan da Terra.
P.8. Poderiamos vivir nunha Terra sen atmosfera.
Razoa a túa resposta.
A gripe é unha enfermidade que lles afecta desde a antigüidade ás persoas
e a outras especies animais (aves, porcos...) e que causa epidemias cada ano,
principalmente durante os meses de inverno. Esta enfermidade está producida
por distintos tipos de virus que ademais poden combinarse entre eles dando
lugar a unha nova gripe.
A gripe é moi contaxiosa xa que se transmite facilmente
dunha persoa a outra a través da saliva ou secrecións
que expulsamos ao falar, tusir ou esbirrar.

Recoñecer esta enfermidade é fácil, é posible padecela
se aparecen:
● Polo menos un destes catro síntomas: febre superior
    a 38 ºC, malestar xeral, dor de cabeza, dores
    musculares.
QUE É A GRIPE?
Ás veces tamén poden aparecer náuseas e vómitos.
Ao longo da historia producíronse varias pandemias de gripe, por exemplo
a de 1918, coñecida como gripe española. Esta pandemia produciu moitas
mortes, xa que non se dispoñía dos sistemas de saúde cos que contamos
agora, e ademais tiña unha alta virulencia.





                                                               Fontes: Ministerio de Sanidade e SERGAS
● E, ademais, polo menos un destes tres síntomas: tose, dor de garganta,
 dificultade para respirar.
P.9. Cal destes comportamentos pode ser causa do
contaxio da gripe?.
B. Falar cunha persoa con gripe.
C. Compartir un cepillo de dentes cunha persoa
        con gripe.
D. Todas as anteriores son certas.
A. Darlle un bico a unha persoa con gripe.
P.10. A cal dos seguintes sistemas afecta máis a gripe?
B. Ao sistema circulatorio.
C. Ao sistema linfático.
D. Ao sistema respiratorio.
A. Ao sistema nervioso.
P.11. A gripe é producida por un virus, que é:
B. Un ser vivo pluricelular.
C. Non é un ser vivo porque non está constituído
        por células.
D. É o único ser vivo que non está constituído
        por células.
A. Un ser vivo unicelular.
P.12. Pon exemplos doutras tres enfermidades que
sexan provocadas pola acción dun virus.
P.13. De que xeito podemos ver as células?
B. Cun microscopio.
C. Todas as células se poden ver a simple vista.
D. As células non se poden ver.
A. Cun telescopio.
P.14. Cal destes enunciados é falso?
B. A célula é a unidade básica de todos os
        seres vivos.
C. Todas as células proceden doutra preexistente.
D. As células xúntanse para formar organismos
        máis complexos.
A. Todos os organismos están formados por
        unha célula.
P.15. A continuación móstrase un gráfico da época
onde se representa a taxa de mortaldade da gripe
española de 1918.
Onde foi maior a taxa de mortaldade?
Imagen cortesía del National
Museum of Health and Medicine.
D. Berlín en
          xullo de 1918.
B. Londres en
         marzo de 1919.
 C. New York en
          outubro de 1918.
A. Londres en
         novembro de 1918.
A factura que ves a continuación corresponde ao mes de novembro
de 2011 dunha vivenda con calefacción eléctrica.
A FACTURA DA LUZ
P.16. Neste recibo da luz, aparece unha gráfica co
consumo ao longo do ano 2011 nunha casa; entre
que valores está o consumo medio durante o primeiro
semestre do ano 2011?
B. Entre 2500 e 3000 kwh.
C. Máis de 4000 kwh.
D. Entre 3000 e 3500 kwh.
A. Menos de 1000 kwh.
P.17. Cal é o mes de maior consumo? Explica
brevemente unha posible causa disto.
P.18. Este ano o propietario da vivenda marcha un mes
de vacacións e desconecta a luz; cal será o importe da
factura de luz dese mes?
B. Deberá pagar 0,88 €.
C. Deberá pagar o mesmo que no recibo anterior.
D. Deberá pagar algo máis de 16 €.
A. Non ten que pagar nada.
Hidráulica
?
Térmica
?
P.19. Relaciona cada tipo de enerxía coa forma
de obtela.
Nuclear
?
Eólica
?
Solar
?
P.20. Nun cuarto hai un anaco de carbón e un folio.
Cando acendemos a luz vémolos de cor,
respectivamente, negra e branca. Cal é a explicación?
P.21. Cando se acende unha lámpada prodúcese unha 
transformación enerxética. O proceso é de tipo físico 
ou químico? Explica a túa resposta.
Contaminación do aire
?
Conservación do planeta
?
Sol, auga, vento, biomasa
?
Centrais eléctricas
?
P.22. Une con frechas o texto das dúas columnas:
Carbón, petroleo, gas natural
?
P.23. Moitas lámpadas fluorescentes conteñen no seu
interior o elemento químico mercurio, en estado
gasoso. Que é un elemento químico?
B. Unha substancia que ten todos os
        átomos iguais.
C. Unha substancia formada por moléculas
        dun só tipo.
D. Unha substancia que emite luz ao
        aplicarlle electricidade.
A. Unha mestura de varias substancias.
Esta gota comeza o seu percorrido na superficie do océano, pois nos océanos
é onde se atopa a maior parte da auga do mundo. A calor do sol convértea en
vapor de auga que se despraza, coa forza dos ventos, ata chegar á terra. Aí,
refachos de vento morno, procedentes da superficie da terra, empuxan a gota
(agora convertida en vapor) e lévana aínda máis alto, onde o aire é moi frío.
SEGUE A UNHA GOTA A TRAVÉS DO CICLO DA
                                AUGA
Cando o vapor se arrefría, a gota volve á súa forma
líquida (condensación), e despois xúntase con
pequenas partículas de po, fume e cristais de sal
para formar parte dunha nube.

Ao xuntárense varias gotas fórmase unha máis
grande, que cae axudada pola gravidade sobre a
terra e os océanos en forma de precipitación
pluvial. Parte desta precipitación cae en forma de
neve e acumúlase en capas de xeo e nos glaciares.
Unha vez que a gota cae, hai moitos lugares nos que se pode depositar: sobre
a terra, onde se evapora e regresa ás nubes ou se afunde nela e inicia o seu
camiño cara a un acuífero como auga subterránea, sobre os ríos que a
transportan cara o mar ou, directamente, sobre os mares e os océanos.

Deste xeito complétase o ciclo que se iniciou coa nosa gota no océano e o
proceso volve empezar.
Adaptación de USGS (US Geological Survey. Axencia de Protección Ambiental de USA)
P.24. Cal é a principal característica que diferenza a
auga dun río da auga dos océanos?
A. A temperatura.
B. A cor.
C. A composición.
D. Non existen diferenzas.
P.25. No seguinte debuxo móstrase o ciclo da auga.
Coloca os seguintes termos no lugar que lles
corresponda:
Correntes subterráneas
?
Infiltración
?
Precipitación
?
Transpiración
?
Condensación
?
Evaporación
?
P.26. Como é posible que a desconxelación dos xeos
polares poida provocar unha suba do nivel do mar?
A. Porque como o mar vai subir de temperatura,
        vaise dilatar.
B. Porque a auga, ao se desconxelar, se moverá
        e provocará moitas correntes.
C. Porque a auga doce, que está conxelada, ocupa
        máis volume que a auga salgada do mar.
D. Porque se poderían desconxelar placas de xeo
        continentais e aumentaría a cantidade de auga
        dos océanos.
P.27. Se collemos un anaco de xeo e o botamos a
un lago, flota ou afúndese? Por que?
(Imaxe creada con obxectos da galería de
OxygenOffice Professional)
P.28. Un peixe está nun estanque con auga e no
exterior hai unha lámpada acesa. Debuxa nesta
figura a traxectoria dun raio de luz que vaia da
lámpada ao peixe.
Pulsa na lámpara correcta
.
.
.
.
.
.
P.29. Para que o peixe da cuestión anterior poida ver
a lámpada necesita, ademais da luz, posuír os órganos
sensoriais correspondentes, é dicir, ollos. A razón pola
que estes órganos permiten a visión é que conteñen:
A. Átomos libres que transforman a luz
        en enerxía.
B. Células sensibles á luz.
C. Tecidos que emiten luz.
D. Terminacións de nervios que levan a luz
         ao cerebro.
P.30. Explica como se produce a ruptura das rochas
debida ao paso de auga líquida a xeo.
Otros exámenes de interés :

Examen creado con That Quiz — donde la práctica de matemáticas se hace fácil.