ThatQuiz Directorio Inténtalo
12.08. ESTRUCTURA DE LA MATERIA
Contribuido por: Vila
  • 1. Quen formulou a seguinte teoría acerca da constitución da materia

    * A materia está formada por diminutas partículas separadas e indivisibles chamadas "átomos".

    * Os "átomos" dun mesmo elemento son todos iguais e distintos aos átomos doutros elementos
A) DALTON
B) DEMÓCRITO
C) ARQUÍMEDES
D) LEUCIPO
  • 2. Cal das seguintes non é unha partícula subatómica
A) ELECTRÓN
B) FOTÓN
C) NEUTRÓN
D) PROTóN
  • 3. Ao nº de protóns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Másico (A)
B) Nº Protónico
C) Nº Atómico (Z)
  • 4. Cales dos seguintes pares de partículas se atopan na mesma proporción (o seu número é igual) dentro dun átomo neutro
A) Electróns e neutróns
B) Ningunha delas
C) Protóns e neutróns
D) Electróns e protóns
  • 5. Estas partículas non se atopan no núcleo do átomo
A) Electróns
B) Neutróns
C) Protóns
  • 6. A suma de protóns e neutróns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Nuclear
B) Nº Másico (A)
C) Nº Atómico (Z)
D) Nº Protónico
  • 7. Os Isótopos son átomos dun mesmo elemento (mesmo Z) pero con diferente nº Másico (A) debido a que posúen un nº distinto de ..
A) Protóns
B) Neutróns
C) Electróns
D) Átomos
  • 8. Substancia simple que non pode descompoñerse noutras máis sinxelas por métodos químicos
A) ISÓTOPO
B) COMPOSTO
C) ELEMENTO
D) ISÓBARO
  • 9. Un composto está formado por?
A) Átomos iguais
B) Átomos distintos
  • 10. O modelo atómico de Rutherford foi chamado:
A) Modelo sandía
B) Modelo molecular
C) Modelo planetario
D) Modelo galáctico
  • 11. Un átomo de osíxeno ten oito protóns e nove neutróns. Cantas partículas ten no núcleo?
  • 12. Un átomo de osíxeno ten oito protóns e nove neutróns. Cantos electróns ten na codia?
  • 13. Escriba o símbolo do átomo coas seguintes características:
    Z = 12 e Neutróns = 15
  • 14. Escriba o símbolo do átomo coas seguintes características:
    Z = 25 e A = 54
  • 15. Escriba o símbolo do átomo coas seguintes características:
    30 protóns e A = 65
  • 16. Dalton pensaba que todos os átomos dun elemento químico eran idénticos. Tiña razón?
A) sí
B) Non
  • 17. Todos os átomos dun elemento químico teñen o mesmo número de protóns.
A) V
B) F
  • 18. Todos os átomos dun elemento teñen o mesmo número de electróns.
A) F
B) V
  • 19. Os número másico e atómico sempre son números enteiros, sen decimais.
A) V
B) F
  • 20. Dous átomos distintos poden ser os dous de ouro.
A) F
B) V
  • 21. Os tres átomos da figura, son isótopos entre si?
A) Os dous últimos sí
B) O primeiro e o último sí
C) Os dous primeiros sí.
D) Sí
E) Ningún dos tres
  • 22. Escriba a configuración electrónica do átomo de Sodio.

    Responda co formato: 8-8-8
  • 23. Escriba a configuración electrónica do átomo de osíxeno.

    Responda co formato: 8-8
  • 24. Escriba a configuración electrónica do átomo de argon.

    Responda co formato: 8-8-8
  • 25. Para o átomo neutro representado na figura seguinte, diga cantos protóns e electróns ten, o número atómico e o nome do elemento. (O número de protóns non se corresponde co da imaxe)

    Escriba a resposta co seguinte formato: 1,1,1,H
  • 26. Un ión é un átomo que perdeu ou gañou un ou máis electróns. Escriba a configuración electrónica do ión 9F -


    Responda CO formato: 8-8-8
  • 27. Á vista dos debuxos seguintes, determine en que matraz hai compostos químicos.

    Escriba a resposta indicando os números separados por comas. Por exemplo: 1,3,5
  • 28. Un halóxeno úsase en lámpadas domésticas e nos faros dos coches. Cal é?
  • 29. Á vista da táboa periódica, cantos electróns lle faltan ou lle sobran ao elemento N para cumprir a regra do octeto?

    (Se por exemplo se falta un electrón indiqueo con -1)
  • 30. Coñecemos os datos seguintes dos átomos A, B, C e D:

    A: 13 protóns e 14 neutróns
    B: 13 protóns e 13 neutróns
    C: 14 protóns e 15 neutróns
    D: 14 protóns e 14 neutróns

    Cales son isótopos do mesmo elemento químico que A?
  • 31. Coñecemos os datos seguintes dos átomos A, B, C e D:

    A: 13 protóns e 14 neutróns
    B: 13 protóns e 13 neutróns
    C: 14 protóns e 15 neutróns
    D: 14 protóns e 14 neutróns

    Cales son isótopos do mesmo elemento químico que D?
  • 32. Indique o número de protóns do isótopo Na-23.
  • 33. O modelo atómico de Dalton explica a natureza eléctrica da materia.
A) Verdadeiro
B) Falso
  • 34. Todas as partículas que forman os átomos teñen cargas eléctricas.
A) Verdadeiro
B) Falso
  • 35. O núcleo ocupa a maior parte do átomo.
A) Verdadeiro
B) Falso
  • 36. O número atómico dun elemento é un número natural que indica o número de neutróns que hai no núcleo.
A) Falso
B) Verdadeiro
  • 37. Ache o número de protóns, neutróns e electróns do átomo seguinte:
A) 20 protóns, 23 neutróns, 20 electróns
B) 20 protóns, 43 neutróns, 20 electróns
C) 20 protóns, 20 neutróns, 20 electróns
D) 43 protóns, 20 neutróns, 43 electróns
  • 38. Escriba a distribución dos electróns nas capas do ión Al+3.

    Indique o resultado separando con comas nas diferentes capas
  • 39. Dados os ións Li^+, F^-, O-2, Na^+ e K^+, sinale os que teñen a configuración dun gas nobre.
A) Li^+, F^-, O-2, K^+
B) Todos
C) Li^+, F^-, O-2, Na^+
D) Li^+, O-2, Na^+ e K^+
E) O-2
  • 40. Indique como pode conseguir a configuración de gas nobre o seguinte átomo:
    aluminio.
A) perdendo tres electróns
B) cedendo un electrón
C) gañando ou compartindo dous electróns.
D) gañando ou compartindo un electrón.
E) perdendo dous electróns.
  • 41. Os protóns e os electróns repélense porque teñen cargas de signos contrarios.
A) Verdadeiro
B) Falso
  • 42. O electrón e o protón teñen case a mesma masa.
A) F
B) V
  • 43. O neutrón e o protón teñen a mesma carga pero de signo contrario.
A) F
B) V
  • 44. Indique a que modelo corresponde a afirmacións:

    Os átomos son esferas compactas cheas de materia
A) Rutherford e Bohr
B) Bohr.
C) Todos
D) Thomson
E) Ningún
  • 45. Indique a que modelo corresponde a afirmacións:

    O núcleo é moito máis pequeno que o átomo en conxunto
A) Thomson
B) Rutherford e Bohr
C) Ningún
D) Bohr
E) Todos
  • 46. Indique a que modelo corresponde a afirmacións:

    Os electróns están na codia vibrando
A) Bohr
B) Ningún
C) Rutherford e Bohr
D) Thomson
E) Todos
  • 47. Indique a que modelo corresponde a afirmacións:

    Os átomos son neutros
A) Rutherford e Bohr
B) Todos
C) Ningún
D) Thomson
E) Bohr
  • 48. Indique a que modelo corresponde a afirmacións:

    Os electróns só poden xirar arredor do núcleo en órbitas permitidas
A) Ningún
B) Bohr
C) Todos
D) Thomson
E) Rutherford e Bohr
  • 49. Pode ser o número másico dun átomo maior que o seu número atómico?
A) Sí
B) Non
  • 50. Os isótopos son átomos que teñen distinto número másico.
A) Falso
B) Verdadeiro
  • 51. Se dous elementos químicos teñen igual número másico e diferente número atómico son isótopos.
A) Falso
B) Verdadeiro
Otros exámenes de interés :

Examen creado con That Quiz — donde se practican las matemáticas.