- 1. Para saber se un país está moi poboado ou non só necesitamos saber o número de habitantes
A) falso B) verdadeiro
- 2. A tasa de natalidade indica o número de anos que vive a poboación dun lugar
A) falso B) verdadeiro
- 3. A poboación medra se aumentan os nacementos e disminúen as mortes
A) verdadeiro B) falso
- 4. O éxodo rural é a saída de persoas dun lugar para ir vivir a outro
A) falso B) verdadeiro
- 5. Inmigración é a chegada de persoas a un lugar para asentarse provisional ou definitivamente
A) falso B) verdadeiro
- 6. Emigración interior é o proceso polo cal unha persoa se muda do campo á cidade ou dunha cidade a outra dentro do mesmo país no que reside
A) falso B) verdadeiro
- 7. O incremento de poboación no lugar de destino é unha causa da emigración
A) falso B) verdadeiro
- 8. Acadar unha sociedade máis diversa e rica é unha consecuencia da emigración
A) verdadeiro B) falso
- 9. As poboacións de retorno supoñen a volta das poboacións que emigraran, unha vez xubilados ou prexubilados
A) falso B) verdadeiro
- 10. A emigración transoceánica dirixiuse sobre todo a América Latina, Canadá, EEUU e Australia
A) falso B) verdadeiro
- 11. A emigración europea é unha emigración interior que tivo lugar sobre todo despois da II Guerra Mundial
A) falso B) verdadeiro
- 12. Desde a Revolución Industrial ata 1950 produciuse un forte incremento demográfico e Europa chegou a cuadriplicar a súa poboación
A) falso B) verdadeiro
- 13. Na actualidade, a poboación tende a diminuír debido a unha baixa tasa de natalidade
A) falso B) verdadeiro
- 14. Só houbo un baby boom no século XX, despóis da I Guerra Mundial
A) verdadeiro B) falso
- 15. A emigración europea comezou a intensificarse na década de 1960 debido á rápida reconstrución económica tras a Segunda Guerra Mundial e o crecemento demográfico
A) falso B) verdadeiro
- 16. Unha pirámide de poboación con forma de pirámide indica que o país está pouco desenvolvido
A) verdadeiro B) falso
- 17. Nunha pirámide poboacional con forma acampanada, a natalidade é maior que a mortalidade
A) verdadeiro B) falso
- 18. Nun país desenvolvido, a pirámide poboacional ten forma de pera
A) falso B) verdadeiro
- 19. A cúspide da pirámide indica o número de habitantes entre os 15 e os 64 anos
A) verdadeiro B) falso
- 20. Un crecemento negativo indica maior número de defuncións que de nacementos
A) verdadeiro B) falso
|