- 1. Quen formulou a seguinte teoría acerca da constitución da materia
* A materia está formada por diminutas partículas separadas e indivisibles chamadas "átomos".
* Os "átomos" dun mesmo elemento son todos iguais e distintos aos átomos doutros elementos
A) ARQUÍMEDES B) LEUCIPO C) DEMÓCRITO D) DALTON
- 2. Cal das seguintes non é unha partícula subatómica
A) PROTóN B) FOTÓN C) NEUTRÓN D) ELECTRÓN
- 3. Ao nº de protóns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Atómico (Z) B) Nº Protónico C) Nº Másico (A)
- 4. Cales dos seguintes pares de partículas se atopan na mesma proporción (o seu número é igual) dentro dun átomo neutro
A) Protóns e neutróns B) Ningunha delas C) Electróns e protóns D) Electróns e neutróns
- 5. Estas partículas non se atopan no núcleo do átomo
A) Protóns B) Electróns C) Neutróns
- 6. A suma de protóns e neutróns que un átomo ten no seu núcleo chámaselle
A) Nº Atómico (Z) B) Nº Másico (A) C) Nº Protónico D) Nº Nuclear
- 7. Os Isótopos son átomos dun mesmo elemento (mesmo Z) pero con diferente nº Másico (A) debido a que posúen un nº distinto de ..
A) Electróns B) Átomos C) Protóns D) Neutróns
- 8. Os elementos e os compostos son:
A) Mesturas homoxéneas B) Substancias puras C) Mesturas heteroxéneas
- 9. Substancia simple que non pode descompoñerse noutras máis sinxelas por métodos químicos
A) COMPOSTO B) ELEMENTO C) ISÓBARO D) ISÓTOPO
- 10. Un composto está formado por?
A) Átomos iguais B) Átoms distintos
|