Completa as seguintes táboas e indica, en cada caso, se os pares de valores son directamente proporcionais (DP), inversamente proporcionais (IP) ou non gardan relación de proporcionalidade (NP). A B A B A B 30 2 2 3 9 3 20 3 3 4 5 15 21 4 9 8 7 15 5 8 10 20 30 10 25 12 Sabendo que dúas cadeiras custaron 155 euros, canto custarán 12 cadeiras da mesma calidade e prezo? € Oito obreiros constrúen unha parede en nove días. Canto tardarían en facelo seis obreiros? días Aleixo, Breixo e Cristovo levan traballando na mesma empresa 5, 8, e 12 anos respectivamente A súa xefa pretende repartir 3000 € de forma directamente proporcional aos anos que levan traballando. Canto recibirá cada un? Aleixo Cristovo Breixo € € € Un pai decide repartir 62 € entre as súas tres fillas de forma inversamente proporcional ás horas que dedicaron á videoconsola. Diana xogou 2 h, Ester 3 h e Froila 5 horas. Canto recibiu cada unha? Diana Froila Ester € € € Unha billa A enche un depósito de auga en 12 h, e outra billa B, en 6 h. O depósito ten un desaugadoiro que o baleira en 10 h se están as billas pechadas. Canto tempo tardarán as dúas billas en encher á vez o depósito se está o desaugadoiro aberto? h min Temos 32 kg de café de Jamaica de 12,50 € o quilo e 20 kg de café de Colombia 7,50 € o quilo. Se se mesturan os dous tipos de café, que prezo terá o quilo de mestura? € Fúndense 15 g de ouro A de lei 0,8 con 35 g de ouro B de lei 0,7. Calcula a lei da aliaxe. Lei da aliaxe Á mesma hora, Helena e Gaspar saen de dúas vilas distantes entre si 350 km, e van o un cara ao outro. A velocidade de Helena é de 110 km/h, e a de Gaspar, de 90 km/h. Canto tempo tardarán en atoparse? Que distancia percorre cada un? Helena Gaspar h km km min Unha tartaruga sae dun punto a unha velocidade de 2 km/h. Dúas horas máis tarde, Aquiles sae na súa procura cunha velocidade de 10 km/h. Canto tempo tardará en alcanzala? Que distancia percorreron? min km |