ThatQuiz Bilduma Saia zaitez
05.01. O SOLO
Hauen laguntzarekin: Vila
  • 1. En que consiste a meteorización?
A) É o conxunto de alteracións que experimentan as rochas que se achan en contacto co aire, o auga e os seres vivos
B) É o conxunto de alteracións que transforman ás rochas no interior da Terra
C) É o conxunto de alteracións que transforman ás rochas no interior da Terra
  • 2. Sinala cal das seguintes definicións explica que é a meteorización química
A) É un proceso de fractura das rochas a consecuencia de cambios na temperatura do medio
B) É un proceso de cambio químico na composición das rochas pola intervención de determinadas substancias
  • 3. A meteorización química é especialmente importante nas zonas de clima
A) Cálido
B) Húmido
C) Seco
  • 4. Os solos formados a partir da acumulación en zonas baixas dos materiais resultantes da meteorización da rocha nai, denomínanse
A) Auróctonos
B) Alóctonos
C) Autóctonos
  • 5. Indica cal das seguintes definicións explica as características dun solo arxiloso
A) É un solo cunha cantidade equitativa de partículas minerais finas e grosas
B) É un solo onde predominan as partículas minerais de tamaño moi fino; son pouco porosos e se encharcan con facilidade
C) É un solo cunha maior cantidade de partículas minerais de tamaño groso; son moi porosos e reteñen mal a auga
  • 6. Indica cal das seguintes definicións explica as características dun solo areoso
A) É un solo cunha maior cantidade de partículas minerais de tamaño groso; son moi porosos e reteñen mal a auga
B) É un solo cunha cantidade equitativa de partículas minerais finas e grosas
C) É un solo onde predominan as partículas minerais de tamaño moi fino; son pouco porosos e se encharcan con facilidade
  • 7. Indica cal das seguintes definicións explica as características dun solo franco
A) É un solo onde predominan as partículas minerais de tamaño moi fino; son pouco porosos e se encharcan con facilidade
B) É un solo cunha cantidade equitativa de partículas minerais finas e grosas
C) É un solo cunha maior cantidade de partículas minerais de tamaño groso; son moi porosos e reteñen mal a auga
  • 8. Ao observar o perfil dun solo, o horizonte 0
A) é moi delgado e está formado por materia orgánica sen alterar e parcialmente alterada
B) é de cor escura, ten abundante humus e raíces de plantas
C) o que está formado por fragmentos de rocha; baixo el áchase o substrato rochoso
D) é de cor máis clara, pobre en humus e ten poucas raíces
  • 9. Ao observar o perfil dun solo, o horizonte A
A) é moi delgado e está formado por materia orgánica sen alterar e parcialmente alterada
B) é de cor escura, ten abundante humus e raíces de plantas
C) o que está formado por fragmentos de rocha; baixo el áchase o substrato rochoso
  • 10. Ao observar o perfil dun solo, o horizonte B
A) é moi delgado e está formado por materia orgánica sen alterar e parcialmente alterada
B) é de cor escura, ten abundante humus e raíces de plantas
C) é de cor máis clara, pobre en humus e ten poucas raíces
  • 11. Ao observar o perfil dun solo, o horizonte C
A) o que está formado por fragmentos de rocha; baixo el áchase o substrato rochoso
B) é de cor máis clara, pobre en humus e ten poucas raíces
C) é de cor escura, ten abundante humus e raíces de plantas
D) é moi delgado e está formado por materia orgánica sen alterar e parcialmente alterada
  • 12. Sinala cal das seguintes actividades favorece a degradación e perda dos solos
A) O sobrepastoreo ou consumo excesivo de pastos polo gando
B) A sobreexplotación de cultivos ou explotación intensiva
C) Todas as respostas son válidas
D) A deforestación provocada pola tala de bosques
  • 13. O solo está formado por
A) Partículas minerais exclusivamente
B) Partículas minerais e raíces das árbores
C) Pequenas partículas minerais, restos de seres vivos, auga e aire
  • 14. Sinala a resposta correcta
A) Os solos areosos están formados por partículas grosas
B) Os solos escuros son pobres en sustancias orgánicas
C) Os solos arxilosos deixan pasar ben a auga
  • 15. Os solos poden ser:
A) Ningunha contestación é correcta
B) Autóctonos cando se forman lonxe da rocha nai
C) Alóctonos cando se forman sobre a rocha nai
  • 16. É a alteración dunha rocha pola acción da Atmosfera, a Hidrosfera ou os seres vivos. Esta alteración prodúcese no mesmo lugar onde aflorou á superficie, sen que se produza transporte de materiais.
A) Meteorización
B) Alteración
C) Partición
  • 17. A meteorización pode ser:
A) Física e química
B) Física
C) Química
  • 18. Chámase tamén meteorización mecánica. Prodúcese a destrución da rocha por acción de axentes físicos, como a temperatura ou a presión, ou polos seres vivos
A) Meteorización física
B) Meteorización química
  • 19. Os tipos de meteorización física son:
A) Oxidación
B) Xelifracción e termoclasticidade
C) Disolución
  • 20. Que tipo de meteorización sucede cando: A auga que se introduciu nas gretas das rochas, cando se conxela, exerce unha presión o suficientemente grande como para aumentar as gretas e romper as rochas
A) Oxidación
B) Xelifracción
C) Termoclasticidade
  • 21. Que tipo de meteorización sucede cando: Os materiais se dilatan ou contraen ao variar a temperatura. Nos lugares onde as diferenzas de temperatura entre o día e a noite son grandes, as rochas grétanse e terminan rompéndose en fragmentos
A) Termoclasticidade
B) Xelifracción
C) Disolución
  • 22. É a destrución da rocha por acción de axentes químicos, como son o auga, o osíxeno molecular e o dióxido de carbono. A auga intervén en todos os procesos de meteorización química, xa que transporta os outros axentes, aumentando así a acción destes.
A) Meteorización física
B) Meteorización química
  • 23. Os tipos de meteorización química son:
A) Xelifracción
B) Termoclasticidade
C) Oxidación, disolución
  • 24. Que tipo de meteorización prodúcese cando: O osíxeno presente na atmosfera disólvese na auga. Ao caer sobre as rochas formadas por minerais con elementos metálicos, se oxidan. Os elementos oxidados sepáranse facilmente da rocha e esta destrúese.
A) Meteorización química por disolución
B) Meteorización física
C) Meteorización química por oxidación
  • 25. Que tipo de meteorización sucede cando os minerais disólvense ca auga e son arrastrados por ela. Ao disolverse, a rocha desaparece aos poucos e termina por non quedar nin rastro dela
A) Meteorización física
B) Meteorización química por disolución
C) Meteorización química por oxidación
  • 26. A rocha, ao ser meteorizada, queda alterada no mesmo lugar onde aflorou na superficie terrestre. Vaise formando por este proceso un manto homoxéneo e rico en nutrintes, polo que é colonizado rapidamente por seres vivos, como plantas ou lombrices. A acción destes seres transforma este manto homoxéneo aparecendo zonas diferenciadas chamadas …
A) Partes
B) Estratos
C) Horizontes
  • 27. A imaxe corresponde
A) Transporte dun solo
B) Erosión dun solo
C) Proceso de formación dun solo
  • 28. O solo tarda en formarse
A) poucos anos
B) 10 anos
C) centos ou miles de anos
  • 29. A textura dun solo ven determinada polo tamaño das partículas que o forman. Poden clasificarse en:
A) Solo autóctonos e alóctonos
B) Solos areosos, arxilosos e francos
C) Solos novos e maduros
  • 30. A degradación do solo é a perda de calidade do mesmo como consecuencia dunha utilización inadecuada.
A) verdadeiro
B) falso
Intereseko beste azterketa batzuk :

Azterketa honekin sortua That Quiz — matematikako azterketak sortzeko gunea.