- 1. Unha das funcións que caracteriza a un ser vivo é a súa capacidade para orixinar copias idénticas ou similares de si mesmo, esta función coñécese co nome de:
A) relación B) reprodución C) nutrición
- 2. Os seres unicelulares reprodúcense asexualmente por:
A) Por esporas B) Multiplicación vexetativa C) Bipartición, xemación ou esporulación
- 3. O núcleo divídese en dous núcleos idénticos, despois, a célula divídese en dúas células de aproximadamente o mesmo tamaño, que crecen ata transformarse en células adultas.
A) Xemación B) Esporulación C) Bipartición
- 4. Fórmanse dous núcleos, un deles desprázase cara á membrana e forma unha especie de xema que se rodea de citoplasma, formándose dúas células de diferentes tamaños.
A) Esporulación B) Bipartición C) Xemación
- 5. Algúns animais poden reproducirse asexualmente e fano de dous xeitos:
A) Por esporas ou multiplicación vexetativa B) Fragmentación ou xemación C) Bipartición ou xemación
- 6. O animal divídese en dous ou máis fragmentos, cada un dos cales rexenera un organismo completo
A) Fragmentación B) Xemación
- 7. Nas esponxas fórmase unha protuberancia ou xema na superficie do corpo por multiplicación dalgunhas células, posteriormente a xema despréndese e orixina un novo individuo.
A) Xemación B) Fragmentación
- 8. A reprodución asexual nas plantas prodúcese por:
A) Xemación B) Multiplicación vexetativa, por esporas C) Bipartición
- 9. Son talos subterráneos cargados de sustancias de reserva.
A) Estolóns B) Bulbos C) Tubérculos
- 10. Son talos curtos, xeralmente subterráneos provistos de follas con reservas que se consomen durante o inverno.
A) Bulbos B) Tubérculos C) Estolóns
- 11. Son talos que crecen horizontalmente sobre o chan.
A) Bulbos B) Estolóns C) Tubérculos
- 12. Cales son as gónadas femininas?
A) Os espermatozoides B) Os óvulos C) Os testículos D) Os ovarios
- 13. Cando se di que a polinización é anemógama?
A) Cando a polinización realízana os insectos B) Cando a polinización realízaa o vento C) Cando a polinización realízaa a auga
- 14. Cada individuo é dun único sexo (femia ou macho), xa que leva un só tipo de gónada
A) Unisexuales B) Hermafroditas
- 15. A polinización pode ser de dous tipos:
A) Anemógama e entomógama B) Interna e externa
- 16. A parte feminina da flor chámase:
A) Estame B) Corola C) Pistilo D) Cáliz
- 17. A parte masculina da flor chámase:
A) Cáliz B) Pistilo C) Corola D) Estame
- 18. Os gametos femininos son os
A) óvulos B) espermatozoides
- 19. Os gametos masculinos son os
A) óvulos B) espermatozoides
|