COMPETENCIA MATEMÁTICA – ESO -GALICIA 2009 - CAD-B
         AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
                    GALICIA 2009

                     Caderniño B

         COMPETENCIA MATEMÁTICA
A propiedade destes exercicios é da
Xunta de Galicia non do autor.
Pero para partidos internacionais, as dimensións dun
campo deben estar entre as seguintes marxes: a liña
de meta entre 64 m e 75 m e a liña de banda entre
100 m e 110 m.
Tes reparado nas dimensións dun campo de fútbol?
A liña de meta (x) ten que ser máis curta cá liña de
banda (y).
A liña de meta, x, oscila entre 45 m e 90 m.
A liña de banda, y, pode ter entre 90 m e 120 m.
RECTÁNGULO PARA XOGAR
Y
9,15 m
X
P1. No campo de fútbol de Riazor, a liña de banda é
3/2 da liña de meta. Lois percorreu o perímetro do
campo, 350 m. Cales son as dimensións dese campo
de fútbol?
B. 110 metros de liña de banda e
        65 metros de meta.
A. 210 metros de liña de banda e
        140 metros de liña de meta.
C. 105 metros de liña de banda e
         70 metros de liña de meta.
D. 120 metros de liña de banda e
         55 metros de liña de meta.
P2. Cal é a proporción entre os valores máximos da
liña de banda e a liña de meta dun campo de fútbol?
A. A proporción é 3/4.
B. A proporción é 1/2.
 C. A proporción é 4/3.
D. A constante de proporcionalidade é 2.
P3. O presidente dun club quere agasallar aos 18
xogadores que forman o equipo con 110 euros a cada
un. A última hora ficharon a 4 xogadores máis. Co
mesmo presuposto, canto recibe agora cada xogador?
A. 100 euros.
B. 90 euros.
 C. 20 euros.
D. 110 euros.
P4. A medida da superficie dun campo de fútbol é
6825 m2. Polo tanto, a expresión que nos dá, en
metros, a medida da liña de meta, x, en función da
medida da liña de banda, y, é a seguinte:
Completa a seguinte táboa
y
x
x =
6825
y
105
Aproxima ata ás centésimas
60
P5. Nestes gráficos, tirados dun xornal, pódense
observar as contías dos presupostos (en millóns de
euros) dos dous principais equipos de fútbol de Galicia
nas últimas tempadas:
Completa a seguinte táboa, na que se expresa a
variación dos presupostos de cada tempada respecto
da anterior:
Cal das seguintes ecuacións
deberás resolver para
calcular as dimensións
dese campo de fútbol?
P6. O perímetro do campo de fútbol da imaxe é de
326 m e o seu longo mide 4 m máis có dobre do seu
ancho.
A. 3x-4=163
B. 3x+4=163
C. 6x-4= 326
D. 6x+4= 326
Y
9,15 m
X
O 25 de maio de 2008, o galego Javier Gómez Noya,
proclamouse campión do mundo de triatlón en Madrid,
logo de nadar 1,5 km, pedalear 40 km e correr 10 km.
GÓMEZ-NOYA, CAMPIÓN DO MUNDO DE
                       TRIATLÓN
P7. Cal é a velocidade media en m/s de Gómez Noya
na proba de ciclismo?
A. 8,25 m/s.
B. 10,92 m/s.
C. 5,37 m/s.
D. 11,22 m/s.
P8. Cal é a diferenza total de tempo, medida en
segundos, no conxunto das tres probas, entre Javier
Gómez Noya e Iván Vasiliev?
A. 21 s.
B. 19 s.
 C. 26 s.
D. 12 s.
P9. Se a distancia percorrida por Gómez Noya na proba
de carreira vén dada pola función y = 5,37x, sendo x
o tempo empregado en segundos e 5,37 a constante
de velocidade en m/s, cal das seguintes alternativas
corresponde á distancia percorrida en minuto e medio?
A. 0,4833 km.
B. 48,33 km.
C. 4,833 km.
D. 0,04833 km.
P10. Na clasificación por equipos desta copa do Mundo,
a gañadora foi Australia que conseguiu a metade de
medallas de bronce que de ouro e o dobre de prata
que de ouro. Se en total conseguiron 14 medallas,
cantas lograron de cada metal?.
1. Medallas de ouro: ................
2. Medallas de prata: ...............
3. Medallas de bronce: ............
P11. Unha das rodas da bicicleta de Gómez Noya ten
20 radios. De cantos graos é o ángulo formado polo
raio 1 co raio 4?
A. 54º.
B. 48º.
C. 72º.
D. 80º.
P12. En cales das tres probas carreira, ciclismo ou
natación) se dá unha maior diferenza de tempos entre
o primeiro e o terceiro da clasificación xeral?
A maior diferenza de tempo
dáse na proba de: ...............................
Os incendios forestais son unha grave ameaza á que se
enfrontan os países na planificación de estratexias para a
conservación da natureza.

As gráficas seguintes amosan o número de incendios (con máis
de 1 ha queimada) que se produciron nos 10 últimos anos nun
determinado país.
INCENDIOS FORESTAIS
Superficie de bosque afectada durante este período:
P13. En que ano se queimou máis superficie arborada?
A. No ano 2005.
B. No ano 2000.
C. No ano 1996.
D. No ano 2003.
P14. Cal das afirmacións é a correcta?
C. Entre 2003 e 2005 o número de incendios
        aumentou de ano en ano.
D. No ano 2000 foi cando menos incendios
         houbo.
B. No ano 2005 foi cando se produciron máis
        incendios.
A. A partir do ano 2003, a superficie queimada
        foi cada vez maior.
P15. No ano 2001 houbo 7 000 incendios e a superficie
queimada foi de 20 000 ha. Cal é a superficie media
queimada por incendio?
B. 0,35 ha por incendio.
D. 300 áreas por incendio.
A. 285 áreas por incendio.
C. 6 ha por incendio.
P16. A superficie arborada no ano 2005 era de 2
millóns de hectáreas. Que porcentaxe de superficie
arborada se queimou?
B. 3,5 % da superficie total.
D. 1 % da superficie total.
A. 7% da superficie total.
C. 35 % da superficie total.
P17. Para diminuír o risco de incendios no lugar de
Xestoso, unha cuadrilla de 20 persoas da
empresa "A Xesta" vai limpar o monte de maleza, e
calculan que tardarán 30 días. Os veciños queren que
a empresa remate en 6 días. Cantas persoas máis ten
que contratar a empresa?
A. 40.
C. 90.
B. 80.
D. 60.
P18. Sobre un mapa a escala 1:250 000 situamos a
superficie queimada nun incendio forestal. A
superficie ten, aproximadamente, forma de triángulo
rectángulo, e a medida dos catetos sobre o mapa é de
3 e 4 cm respectivamente. Cal é a superficie total
queimada no incendio?
A. 6 km2.
C. 3,7 km2
B. 37,5 km2.
D. 375 km2.
P19. Desde o ano 2001 ao 2005, en que porcentaxe
aumentou a superficie do bosque afectada polo lume?
A. 250 %.
C. 350 %.
B. 400 %.
D. Non aumentou.
P20. Para apagar o lume, un hidroavión colleu auga na
presa de Cecebre. Fixo na tarde 10 viaxes e en cada
unha levou aproximadamente 2 100 litros de auga.
Cantos metros cúbicos de auga transportou?
A. 21,4 m3
C. 21,0 m3
B. 12,5 m3
D. 100,0 m3
P21. Cantos anos o número de incendios foi inferior
a oito mil?
A. 8 anos.
C. 5 anos.
B. 6 anos.
D. 9 anos.
Students who took this test also took :

Created with That Quiz — where a math practice test is always one click away.