ThatQuiz Бібліотека тестів Виконайте цей тест зараз
03.01. A REPRODUCIÓN CELULAR
Поширений: Vila
  • 1. Unha das funcións que caracteriza a un ser vivo é a súa capacidade para orixinar copias idénticas ou similares de si mesmo, esta función coñécese co nome de:
A) reprodución
B) nutrición
C) relación
  • 2. Os seres unicelulares reprodúcense asexualmente por:
A) Por esporas
B) Multiplicación vexetativa
C) Bipartición, xemación ou esporulación
  • 3. O núcleo divídese en dous núcleos idénticos, despois, a célula divídese en dúas células de aproximadamente o mesmo tamaño, que crecen ata transformarse en células adultas.
A) Bipartición
B) Esporulación
C) Xemación
  • 4. Fórmanse dous núcleos, un deles desprázase cara á membrana e forma unha especie de xema que se rodea de citoplasma, formándose dúas células de diferentes tamaños.
A) Esporulación
B) Xemación
C) Bipartición
  • 5. Algúns animais poden reproducirse asexualmente e fano de dous xeitos:
A) Fragmentación ou xemación
B) Bipartición ou xemación
C) Por esporas ou multiplicación vexetativa
  • 6. O animal divídese en dous ou máis fragmentos, cada un dos cales rexenera un organismo completo
A) Xemación
B) Fragmentación
  • 7. Nas esponxas fórmase unha protuberancia ou xema na superficie do corpo por multiplicación dalgunhas células, posteriormente a xema despréndese e orixina un novo individuo.
A) Fragmentación
B) Xemación
  • 8. A reprodución asexual nas plantas prodúcese por:
A) Multiplicación vexetativa, por esporas
B) Bipartición
C) Xemación
  • 9. Son talos subterráneos cargados de sustancias de reserva.
A) Tubérculos
B) Estolóns
C) Bulbos
  • 10. Son talos curtos, xeralmente subterráneos provistos de follas con reservas que se consomen durante o inverno.
A) Tubérculos
B) Bulbos
C) Estolóns
  • 11. Son talos que crecen horizontalmente sobre o chan.
A) Bulbos
B) Tubérculos
C) Estolóns
  • 12. Cales son as gónadas femininas?
A) Os espermatozoides
B) Os óvulos
C) Os ovarios
D) Os testículos
  • 13. Cando se di que a polinización é anemógama?
A) Cando a polinización realízaa a auga
B) Cando a polinización realízaa o vento
C) Cando a polinización realízana os insectos
  • 14. Cada individuo é dun único sexo (femia ou macho), xa que leva un só tipo de gónada
A) Hermafroditas
B) Unisexuales
  • 15. A polinización pode ser de dous tipos:
A) Interna e externa
B) Anemógama e entomógama
  • 16. A parte feminina da flor chámase:
A) Cáliz
B) Estame
C) Pistilo
D) Corola
  • 17. A parte masculina da flor chámase:
A) Corola
B) Pistilo
C) Estame
D) Cáliz
  • 18. Os gametos femininos son os
A) espermatozoides
B) óvulos
  • 19. Os gametos masculinos son os
A) espermatozoides
B) óvulos
Учні, які виконували цей тест також виконали :

Створено з That Quiz — сайт для створення тестів і оцінювання з математики та інших предметів.